Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6527

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 1 de Ortigueira

EDICTO (85/2013).

Eu, Nuria Ramudo Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira, polo presente, anuncio:

No presente procedemento, seguido por instancia de Francisco Rega Quintana, Juan Eusebio Riguera Gómez, María Rega Quintana, Esther Rega Quintana, fronte a Emilia Fernández Rega, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza núm. 98.

Ortigueira, 13 de outubro de 2013.

Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Ortigueira, vistos os autos do xuízo ordinario 85/2013, iniciado tras a interposición de demanda pola procuradora Sra. Borrás Vigo, en nome e representación de Juan Eusebio Riguera Gómez e Francisco, María, Carmen, Purificación e Esther Rega Quintana, baixo a dirección letrada de Carlos Quiemadelos Martín-Lanuez, contra Emilia Fernández Rega, declarada en rebeldía, ditei a seguinte

Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Borrás Vigo, en nome e representación de Juan Eusebio Riguera Gómez e Franciso, María, Carmen, Purificación e Esther Rega Quintana, baixo a dirección letrada de Carlos Quiemadelos Martín-Lanuez, contra Emilia Fernández Rega, declarada en rebeldía. En consecuencia, declaro o carácter indivisible da vivenda unifamiliar de que as partes son copropietarias, situada na rúa Río do Sil, número 36 da localidade de Cariño, a cal consta dunha soa planta acaroada a outras edificacións cun terreo libre de edificacións, excepto unha pequena adega na súa fronte á rúa. O terreo ten unha superficie aproximada de 305 metros cadrados e a vivenda ocupa 82 metros cadrados aproximadamente. Linda coa zona de dominio marítimo terrestre.

En consecuencia, ordénase a súa venda en pública poxa con admisión de licitadores estraños e establécese como valor de taxación a cantidade de 72.121,45 euros, cantidade fixada polo contador partidor. O produto da poxa repartirase entre os copropietarios de acordo coa cota de copropiedade que ten cada un deles e que é do 5,5555 % no caso de María Rega Quintana e do 18,8889 % no caso do resto dos comuneiros: Juan Eusebio Riguera Gómez, Francisco Rega Quintana, Carmen Rega Quintana, Purificación Rega Quintana, Esther Rega Quintana e Emilia Fernández Rega. Todo iso con expresa condena en custas á demandada Emilia Fernández Rega.

Todo iso con expresa condena en custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poden interpor recurso de apelación no prazo de 20 días, que se contarán desde a súa notificación. Este recurso será resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así o acorda, manda e asina Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Ortigueira».

E ao estar a demandada, Emilia Fernández Rega, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ortigueira, 22 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial