Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6523

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (4515/2015).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 4515/2015

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 13/2015 Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrente: José Fernández García

Graduado social: Alfonso Carballo Jardón

Recorrida: Plásticos Touro, S.L.

Recorrido: Fogasa

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4515/2015 desta Sección, seguido por instancia de José Fernández García contra Fogasa, Plásticos Touro, S.L. sobre incidentes de execución, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvemos:

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación da parte demandante-executante José Fernández García, debemos declarar e declaramos a nulidade do auto do Xulgado do Social número 5 desta capital, do 18 de maio de 2005 e do que ten data do 1º de abril de 2005. En consecuencia, repoñemos as actuacións ao momento inmediatamente posterior á conclusión do acto de comparecencia, co fin de que a maxistrada de instancia dite nova resolución, con liberdade de criterio e plenitude de xurisdición, que conteña os pronunciamentos a que se refire o artigo 281.2 da LRXS. O Fogasa deberá responder das cantidades resultantes ata os límites legalmente previstos no artigo 33 do ET.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Plásticos Touro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza