O artigo 33.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, establece que os titulares dos servizos e actividades de transporte, os titulares de empresas en cuxas actividades se realicen actividades de transporte terrestre ou relacionadas con este, así como quen ocupe a posición de cargador ou remitente, simple expedidor ou destinatario ou consignatario do transporte de mercadorías; os usuarios do transporte de viaxeiros e, en xeral, as persoas afectadas polo seus preceptos estarán obrigadas a facilitarlle ao persoal da Inspección do Transporte Terrestre, no exercicio das súas funcións, o exame dos documentos, libros de contabilidade, facturas, títulos de transporte e datos estatísticos que estean obrigados a levar, así como calquera outra información relativa ás condicións de prestación dos servizos realizados que resulte necesaria para verificar o cumprimento das obrigas contidas na lexislación de transportes. Así mesmo, dispón que os servizos da Inspección do Transporte Terrestre poderán requirir a presentación nas oficinas públicas da documentación precisa para o mellor cumprimento das súas funcións.
Unha vez intentada a notificación do requirimento de documentación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio, notifícanselles os requirimentos de documentación do persoal da Inspección do Transporte Terrestre ás empresas que a seguir se citan e respeto do período que se indica.
A documentación deberá presentarse no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE e ante o Servizo de Mobilidade da Coruña.
O incumprimento deste requirimento considerarase obstrución ao labor inspector e infracción moi grave ou grave, segundo imposibilite ou dificulte gravemente o exercicio das funcións que ten atribuídas a Inspección do Transporte Terrestre, e sancionarase de conformidade co disposto no artigo 140.12 ou no artigo 141.4 da Lei 16/1987, de ordenación dos transportes terrestres.
A Coruña, 21 de xaneiro de 2016
César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
Empresa requirida |
Documentación requirida |
Expte. XC-03542-O-2015 Autos Dorna Galicia, S.L. B15420169 Hórreo, 174, baixo, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña |
Fotocopia cotexada do contrato de arrendamento do vehículo 7354-DDP vixente na data 3.9.2015. |
Expte. XC-04229-I-2015 Noelia López Garrido 34266850R Travesía de Uxes, nº 34, 15690 Arteixo, A Coruña |
Nome ou denominación social, domicilio, DNI/CIF da empresa cargadora e achega da factura do pagamento do transporte que contratou os servizos do transportista (carrexador). |