De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles as persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.
Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, nº 43, 4ª planta, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 27 de xaneiro de 2016
P.S.(Resolución do 19.11.2015)
Mª Dolores Bazán Arcay
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
Acto adoptado por |
CON-PO-0254/2015 |
Carlos Santiago Aldazabal Alonso |
Proposta |
Instrutora |
CON-PO-0275/2015 |
Marcos García Faria Carrión |
Proposta |
Instrutora |
CON-PO-0307/2015 |
José Francisco Sangermán Cubelas |
Proposta |
Instrutora |