Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2016 Páx. 5115

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4332/2015).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 4332/2015 MRA

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 127/2015 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado: Fogasa

Recorridos: Ministerio Fiscal, Francisco Javier Vidal Buján, Tian Boats, S.L., Estaleiros do Norte Embarcações Profissionais e Desportivas, Lda.

Avogados: (…), David Pérez Barreiro, (…), (…)

Procuradores: (…), Víctor López-Rioboo y Batanero, (…), (…)

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4332/2015 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra o Ministerio Fiscal, Francisco Javier Vidal Buján, Tian Boats, S.L., Estaleiros do Norte Embarcações Profissionais e Desportivas, Lda., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos.

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado habilitado da Avogacía do Estado, en representación do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), contra a sentenza de data 21 de maio de 2015 ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela nos autos número 127/2015, sobre despedimento, seguidos por instancia do demandante fronte ás demandadas, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que lle sirva de notificación en forma a Estaleiros do Norte Embarcações Profissionais e Desportivas, Lda., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de Xustiza de Galicia