Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2016 Páx. 5117

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (979/2010).

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza con destino na Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou Sentenza con data 28 de xullo de 2015, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Audiencia Provincial Sección Quinta

A Coruña

Sentenza: 289/2015

Peza: 92/2014

Proc. de orixe: xuízo ordinario número 979/2010

Xulgado de procedencia: 1ª Instancia número 9 da Coruña

Deliberación o día: 11 de febreiro de 2015

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou en nome do rei a seguinte:

Maxistrados:

Manuel Conde Núñez

Dámaso Manuel Brañas Santa María

Juan Camara Ruiz

A Coruña, vinte e oito de xullo de dous mil quince.

No recurso de apelación civil número 92/2014, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 9 da Coruña en xuízo ordinario número 979/2010, sobre “reclamación de danos e perdas”, seguido entre partes: como apelante Banco Vitalicios España, S.A. de Seguros y Reaseguros, representada polo procurador Pita Urgoiti; como apelados Pilar Larramendi del Río e Arturo José de Castro Larramendi, representado polo procurador Ramos Córdoba; como apelada, que non formulou oposición, Elisabeth Peláez Mendoza e como partes declaradas en rebeldía Manuel e María Luisa Larramendi López, Felipe, Javier, José Juan, Nieves e Alfonso Larramendi da Costa, María Pilar e Juan Francisco Larramenda Salcedo e José Luis Larramendi Dueñas. O relator é Juan Camara Ruiz.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificarlles ás partes declaradas en rebeldía e paradoiro descoñecido Jorge Juan Larramendi da Costa, Alfonso Larramendi da Costa, José Juan Larramendi da Costa e herdeiros descoñecidos e incertos de José Luis Larramendi Dueñas, expido e asino o presente edicto na Coruña, vinte e cinco de novembro de dous mil quince. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza