Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4686

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (228/2012).

ETX execución de títulos xudiciais 228/2012

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 838/2011

Sobre ordinario

Demandante: Ana Rosa Santas Carral

Avogado: Felisindo Basteiro Guerra

Demandado: Pablo Antonio Nouche Ferreira

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 228/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Rosa Santas Carral, contra a empresa Pablo Antonio Nouche Ferreira, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto o 21 de xaneiro de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar novamente o executado Pablo Antonio Nouche Ferreira en situación de insolvencia parcial por importe de 7.619,47 euros en concepto de principal, máis 1.029,60 euros en concepto de xuros de mora, máis 936,22 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Lévese o orixinal ao libro de decretos e déixese testemuño nas presentes actuacións.

Notifíqueselles ás partes e a Pablo Antonio Nouche Ferreira por edictos no DOG e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0228 12. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0228 12”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Para que sirva de notificación a Pablo Antonio Nouche Ferreira, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2016

Letrada da Administración de xustiza