Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública do 50 % dun inmoble situado no concello de Valencia.

Ás 11.00 horas do día 10 de marzo de 2016 terá lugar na Aula do Edificio Administrativo A Pastoriza, sito na rúa da Pastoriza, número 8, planta baixa, en Santiago de Compostela, ante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a cuarta poxa pública do seguinte ben inmoble:

– 50 % do dominio da vivenda situada na avenida Pérez Galdós, 65, planta primeira, porta primeira, de Valencia, dunha superficie construída de 94,85 m2 e de 82,70 m2 útiles, segundo recente medición. Referencia catastral 4522008YJ2742B0003YB. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Valencia, ao tomo 2.955, folio 171, sección sétima do predio 11.385.

Tipo de licitación cuarta poxa: 8.371 euros.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble ante a mesa ou acreditar que se depositou tal cantidade na Caixa de Depósitos.

Serán por conta do adxudicatario os custos dos anuncios, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública da venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar de Santiago de Compostela, así como na páxina web da Consellería de Facenda
(http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion).

Teléfono de información: 981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda