Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4681

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (294/2015).

ETX. Execución de títulos xudiciais 294/2015

Procedemento orixe: procedemento ordinario 556/2012

Sobre ordinario

Demandante: Germán Sánchez Lado

Avogado: Miguel Ángel Nouche Ferreira

Demandados: Ambugallegas, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 294/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Germán Sánchez Lado contra Ambugallegas, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 2016.

Antecedentes de feito.

Único. Germán Sánchez Lado presentou escrito en que solicita a execución da sentenza nº 355/2015 ditada no PO 556/2012 contra Ambugallegas, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución da Sentenza nº 355/2015, ditada no PO 556/2012, concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e que se debe despachar esta de conformidade co disposto no artigo 237 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS) e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa e coa solicitude de execución presentada, a cantidade pola cal se despacha execución é de 3.123,39 euros (2.321 euros de salarios e vacacións + 801,52 euros de xuros de 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET)) e de 312,33 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se devindicarían durante un ano e, para as custas, o 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC), subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprise na súa integridade a obriga, se se aprecia falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se incumprise a obriga de manifestar bens ou se se ocultasen elementos patrimoniais transcendentes na dita manifestación, poderá incrementarse en dous puntos o xuro legal que cómpre aboar.

Cuarto. Se a parte executada cumpre na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución en diñeiro o aboamento dos xuros procesuais, de procederen, dentro do prazo dos vinte días seguintes ao da data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituído ou, de ser o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose exixible, non se lle imporán as custas da execución que se tivese instado, en aplicación do previsto no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, unha vez ditado o auto pola maxistrada, o secretario xudicial responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza 355/2015, ditada no procedemento PO 556/2012 a favor da parte executante, Germán Sánchez Lado, fronte a Ambugallegas, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), parte executada, por importe de 3.123,39 euros (2.321 euros de salarios e vacacións + 801,52 euros de xuros de 29.3 do ET) e de 312,33 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e a executada quedará apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que podería incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tivesen acaecido con posterioridade á súa constitución do título; a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente no tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para interpor recurso, na Conta de consignacións do Xulgado do Social número 1 aberta en Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, debendo indicar no campo Concepto «Recurso», seguida do código «30 Social-reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 Social-reposición». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 2016.

Antecedentes de feito.

Único. Nas presentes actuacións ditouse auto en que se despacha execución a favor de Germán Sánchez Lado contra Ambugallegas, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) pola cantidade de 3.123,39 euros (2.321 euros de salarios e vacacións + 801,52 euros de xuros de 29.3 do ET) e de 312,33 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispón o artigo 551.3 da LAC que, unha vez ditado o auto que contén a orde xeral de execución, a secretaria xudicial responsable desta ditará decreto no cal se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluído o embargo de bens, e as medidas de localización e investigación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, así como o requirimento de pagamento que se lle deba facer ao debedor nos casos en que o estableza a lei; ditaranse de oficio as resolucións pertinentes conforme o artigo 237 da LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada, Ambugallegas, S.L., co fin de que no prazo de dez (10) días aboe a cantidade de 3.123,39 euros (2.321 euros de salarios e vacacións + 801,52 euros de xuros de 29.3 do ET) e de 312,33 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander, co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0294 15), con apercibimento de que, no caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de investigación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Ambugallegas, S.L. co fin de que no prazo de dez (10) días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e que se lle poderán impor tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 aberta en Banco Santander, S.A., e indicar, no campo Concepto, a indicación «Recurso» seguida do código «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «Recurso» seguida do «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Para que sirva de notificación en legal forma a Ambugallegas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial