Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4478

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (94/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento terzaría de dominio 1/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santander Consumer Renting, S.L. contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Raúl Ramón Buján Olveira, Fogasa Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento ditouse a seguinte resolución:

Auto:

Maxistrada xuíza

Paula Méndez Domínguez

En Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Neste xulgado séguense autos de execución de título xudicial nº 94/2015 a instancia de Ramón Buján Olveira fronte a Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., e SS Fernández Concesionario, S.L.

Segundo. En data do 23.7.2015 Santander Consumer Renting, S.L. presentou solicitude de terzaría de dominio respecto dos bens seguintes que foron obxecto de embargo na execución: vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD381UAEJ019736 matrícula 0388 HNW, e vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD351UAEJ102773 matrícula 4212HTK.

Terceiro. Por auto do 29.9.2015 admitiuse a trámite a solicitude de terzaría de dominio, con suspensión das actuacións de execución ata a resolución do incidente, e acordouse citar as partes a comparecencia incidental, á que asistiron a parte executante e a solicitante da terzaría, sen comparecer a parte executada nin o Fogasa, malia constar citado en legal forma, e celebrada a comparecencia, con data do 14.1.2016 se ditou auto polo que resolve a terzaría de mellor dereito.

Cuarto. No día da data Santander Consumer Renting, S.L. presentou escrito solicitando a rectificación material do auto do 14.1.2016 no sentido de que se rectifique o erro material apreciado na súa parte dispositiva cando indica «debo desestimar e estimo», debendo dicir «debo estimar e estimo».

Razoamentos xurídicos:

Primeiro. Dispón o artigo 214 da LAC «1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien logo de asinadas, pero si aclararán algún concepto escuro e rectificar calquera erro material de que adoezan.

2. As aclaracións a que se refire o punto anterior poderán facerse de oficio, polo tribunal ou secretario xudicial, segundo corresponda, dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou a petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, sendo neste caso resolta por quen tivese ditado a resolución de que se trate dentro dos tres días seguintes o da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións dos tribunais e secretarios xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento».

Conforme o devandito precepto, procede no presente caso efectuar a rectificación solicitada, ao resultar evidente que, de forma involuntaria, se deslizou un erro na redacción da parte dispositiva do auto do 14.1.2016, conforme se desprende claramente do indicado nos feitos probados e nos fundamentos xurídicos deste.

Procede a rectificación da parte dispositiva do auto nos termos que se indicarán na parte dispositiva da presente resolución.

Terceiro. Conforme dispón o artigo 214.4 da LAC, contra o presente auto non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución á que se refire a presente aclaración.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Debo rectificar e rectifico o auto ditado nos presentes autos de peza de terzaría de dominio nº 94/2015-0001 con data do 14 de xaneiro de 2016, no sentido seguinte:

Na parte dispositiva do auto no seu parágrafo primeiro, que queda redactado como segue: «Debo estimar e estimo, para os meros efectos prexudiciais, a demanda de terzaría de dominio interposta por Santander Consumer Renting, S.L. fronte ás partes deste procedemento de execución de títulos xudiciais nº 94/0215 sobre os seguintes bens: vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD381UAEJ019736 matrícula 0388HNW, e vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD351UAEJ102773 matrícula 4212 HTK; e, en consecuencia, debo declarar e declaro haber lugar a alzar o embargo acordado nas presentes actuacións sobre os referidos vehículos».

Permanecerá o auto incólume en todo o demais.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndoos saber que fronte a esta non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución a que se refire a presente rectificación.

Así o pronuncia, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

O secretario xudicial