Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4473

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 295/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 295/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Digna Laguna Fariña contra Andaina Servizos Sociais, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), foi ditada a seguinte resolución:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Único. María Digna Laguna Fariña presentou escrito solicitando a execución de sentenza nº 336/2015 do 27.10.2015 ditada no procedemento ordinario 555/2012, contra Andaina Servizos Sociais, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de sentenza nº 336/2015 do 27.10.2015, ditada no procedemento ordinario 555/2012, concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade co disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa e a solicitude de execución presentada, a cantidade por que se despacha a execución é de 2.157,98 euros en concepto de principal (1.606,49 euros en concepto de salarios, 551,49 en concepto de xuros 29.3 do ET) e de 215,79 en concepto provisorio de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se producirían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumpra na súa integridade a obriga, se se apreciar falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tiver incumprido a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na devandita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que se debe aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprir na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído, no caso de execución en diñeiro, o aboamento dos xuros procesuais, se procederen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título ficase constituído ou, se for o caso, desde que a obriga declarada no título executivo for exixible, non se lle imporán as custas da execución que se tiveren solicitado, en aplicación do disposto no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto polo/a maxistrado/a, o secretario xudicial responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución de sentenza nº 336/2015 do 27.10.2015, ditada no procedemento ordinario 555/2012, a favor da parte executante, María Digna Laguna Fariña, contra Andaina Servizos Sociais, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), parte executada, por importe de 2.157,98 euros en concepto de principal (1.606,49 euros en concepto de salarios, 551,49 en concepto de xuros 29.3 do ET), máis outros 215,79 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co que a executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que incorreu a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título, sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, indicando no campo do concepto “Recurso”, seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír após a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz. O/a secretario/a xudicial».

«Decreto:

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Único. Nas presentes actuacións foi ditado auto despachando execución a favor de María Digna Laguna Fariña contra Andaina Servizos Sociais, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) pola cantidade de 2.157,98 euros en concepto de principal (1.606,49 euros en concepto de salarios, 551,49 en concepto de xuros 29.3 do ET), máis outros 215,79 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispón o artigo 551.3 da LAC, que, ditado o auto que contén a orde xeral de execución, o/a secretario/a xudicial responsable desta ditará decreto en que se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluíndo o embargo de bens, e as medidas de localización e indagación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, así como o requirimento de pagamento que deba facerse ao debedor nos casos que estableza a lei; dítanse de oficio as resolucións pertinentes conforme o artigo 237 da LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada, Andaina Servizos Sociais, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 2.157,98 euros en concepto de principal (1.606,49 euros en concepto de salarios, 551,49 en concepto de xuros 29.3 do ET), máis outros 215,79 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0295 15), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación deles a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir Andaina Servizos Sociais, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, ao menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 aberta no Banco Santander, S.A., indicando no campo concepto a indicación “recurso” seguido do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Andaina Servizos Sociais, S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial