Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4470

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (EPA 110/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución parcial 110/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Rosario Sobrido Pando contra Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S. L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial, María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela, 20 de xaneiro 2016.

Antecedentes de feito:

Primeiro. María Rosario Sobrido Pando presentou demanda de execución fronte a Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S. L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. Ditouse auto despachando execución en data 30.4.2015 por un total de 4.849,03 euros de principal (4.719,72 euros por salarios debidos máis 129,31 euros do 10 % de xuros de mora do artigo 29.3 do ET), máis outros 484,90 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que de non terse coñecemento da existencia de bens suficientes do executado en que facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas, total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar os executados Limpiezas Secope S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S. L. en situación de insolvencia total por importe de 4.849,03 euros de principal (4.719,72 euros por salarios debidos máis 129,31 euros do 10 % de xuros de mora do artigo 29.3 do ET) , máis outros 484,90 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme esta resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. debendo indicar no campo concepto, «recurso» seguida do código «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., Trabajos Obras y Servicios Urbanos S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial