Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2015/108-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS e novo CT praia Nerga.

Situación: Cangas.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ estruturada en 4 tramos:

1º. 1.105 metros; orixe: CT Nerga; final: novo CT proxectado praia Nerga (en diante, CTPN).

2º. 66 metros; orixe: apoio existente HV-1000/11 nº 43-14; final: CTPN.

3º. 18 metros; orixe: CTPN; final: LMTS ao CT bombeo Nerga.

4º. 139 metros; orixe: CTPN; final: LMTS derivación aos CCTT castros Nerga e Piscícola Morrazo.

– Centro de transformación praia Nerga, de 250 kVA con RT 20 kV/400-230 V, situado en Angustes, O Hío, Cangas.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 28 de xullo de 2015, no BOP do 31 de xullo, no xornal Faro de Vigo do 30 de setembro e no taboleiro de anuncios do Concello de Cangas. Tamén se notificou aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada por la empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite recibiuse a seguinte alegación:

Con data do 8 de outubro de 2015, Antonio Piñeiro Costas, titular da parcela catastral 36008A013001890000JE, afectada pola instalación LMTS, CT praia de Nerga, presenta escrito de alegacións ante esta xefatura territorial, en que manifesta a súa oposición á imposición de servidume sobre a referida parcela e á declaración de utilidade pública.

Solicita que se estimen as súas peticións, declarando a improcedencia da afección ao referenciado predio para a instalación do novo centro de transformación e, subsidiariamente, se o dito escrito de alegacións é rexeitado, solicita a xusta e legal compensación e indemnización en función das restricións e prohibicións que se impoñen sobre ela.

Segundo o indicado no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, procede a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica proxectada para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento.

As indemnizacións que procedan determinaranse no procedemento expropiatorio, unha vez declarada a utilidade pública.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economia e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra