Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 28 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2009/0291-4.

Ao non ser atopado no domicilio coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e o reinicio da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia da sentenza ditada polo Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, recaída no procedemento abreviado número 294/2013, polo accidente laboral do traballador Francisco Javier Castro Ruibal.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Os documentos que constan nos expedientes son:

– Acta de infracción.

– Xustificante da notificación.

– Escrito de alegacións (22.6.2009).

– Copia da sentenza xudicial.

Expediente: RL 2009/0291-4.

Acta número: I362009000058265.

Empresa: Nino Mirón y Xiabre, S.L.

NIF/DNI: B-36026128.

Enderezo: Echegaray, nº 43, 1º, Pontevedra

Vigo, 28 de xaneiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra