Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica o outorgamento do permiso de investigación Lamoso número 7135.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña fai saber que, mediante a Resolución do 15 de decembro de 2015 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, se outorgou o permiso de investigación Lamoso número 7135, de 9 cuadrículas mineiras, para a investigación de cuarzo e outros nos termos municipais de Ordes e Oroso, provincia da Coruña, por un período de tres anos.

O que se fai público para o xeral coñecemento e cumprimento do artigo 27 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña