Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2016 Páx. 3903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 574/2015, do 1 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 1 de outubro de 2015, pronunciou a sentenza número 574/2015, ditada no procedemento ordinario número 4359/2013, interposto por Jesús García García, José Antonio Varela Gómez, Juan de Dios Martín Aparicio e Ramón Val Santiso, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interporto por Jesús García García, José Antonio Varela Gómez, Juan de Dios Martín Aparicio e Ramón Val Santiso, representados por Carmen María Martínez Uzal e dirixidos por Elena Julia Talin Mariño, contra Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 25 de febreiro de 2013, sobre aprobación definitiva do PXOM da Coruña, e, en consecuencia, anulamos en parte a Orde e o PXOM impugnados, no exclusivo punto relativo a que as parcelas dos aquí recorrentes serán consideradas na súa integridade como solo urbano consolidado; con imposición ás partes demandada e codemandada, por metade, das custas sufridas en este proceso pola parte autora, cun límite de 2.000 euros por honorarios de letrado».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2016

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo