Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2016 Páx. 3902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 605/2015, do 8 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 8 de outubro de 2015, pronunciou a sentenza número 605/2015, ditada no procedemento ordinario número 4074/2011, interposto por Rosa María Lado Fernández, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador José Manuel Lado Fernández, en nome e representación de Rosa María Lado Fernández, en relación coa Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 10 de decembro de 2010; e declaramos que a clasificación como solo urbanizable non delimitado de parte do predio descrita no feito terceiro da demanda non é conforme dereito e anulámola dispoñendo que o plan xeral debe clasificar a dita parte como solo urbano consolidado; sen imposición das custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2016

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo