Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2016 Páx. 3904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 595/2015, do 8 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 8 de outubro de 2015, pronunciou a sentenza número 595/2015, ditada no procedemento ordinario número 4623/2013, interposto por Inmobiliaria Masar, S.L., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que, estimando parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Inmobiliaria Masar, S.L., representada por Alejandro Reyes Paz e dirixida por Alfredo Cerezales Fernández, contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 25 de febreiro de 2013, sobre aprobación definitiva do PXOM de A Coruña, anulamos en parte a dita orde e o dito PXOM no concreto extremo relativo á clasificación dos terreos da recorrente, indicados no feito primeiro da demanda, os cales se clasificarán como solo urbano consolidado; con desestimación da pretensión relativa á calificación de tales terreos coa Ordenanza 5.2 do PXOM; sen facer especial condena en custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2016

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo