Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2016 Páx. 3892

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (709/2014).

Eu, María Remedios Albert Beneyto, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 709/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Emilia Piñeiro Lago contra a empresa Suargotel, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Sungalicia Gestión Hotelera, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido.

Que estimo parcialmente a demanda interposta por Mª Emilia Piñeiro Lago fronte ás empresas, Suargotel, S.L. e fronte a Sungalicia Gestión Hotelera, S.L. e condeno a Suargotel, S.L., a que aboe a aquela a seguinte cantidade: 5.766,40 euros, máis 10 % de xuros por demora ex artigo 29.3 do ET, no que se refire ás cantidades de natureza salarial.

Absolvo a Sungalicia Gestión Hotelera, S.L.

Con intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, debendo anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, debendo de consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación “Depósitos e consignacións”, co número 5081 especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que puider procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Suargotel, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial