Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2016 Páx. 3894

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (314/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 314/2015 deste xulgado do Social, seguido por instancia de José Antonio Baña Martínez contra Gallega de Servicios de Despiece, Raparto y Restauración, S.L., Nova Albariza, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, sentenza nº 383/2015, con data do 23 de decembro de 2015, que se achega.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L. e a Nova Albariza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e tamén no taboleiro de anuncios deste xulgado.

«Sentenza 383/2015.

Procedemento de despedimento número 314/2015.

Sentenza.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 314/2015, promovidos ante este xulgado do social sobre despedimento, por instancia de José Antonio Baña Martínez, asistido pola letrada María Elisa Sacido Pérez contra Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., que non comparece, Nova Albariza, S.L., que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Antonio Baña Martínez fronte a Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L. e Nova Albariza, S.L., e en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento producido, con efectos do 6 de marzo de 2015, con condena das empresas indicadas solidariamente a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despido con aboamento dos salarios de tramitación a razón de 39,86 euros/día, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento de 24.236,55 euros en concepto de indemnización.

A dita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo, sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Condeno a empresa Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L. ao aboamento das custas procesuais con inclusión dos honorarios da letrada da parte demandante por importe de 200 euros.

Condeno o Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao Libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino».

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016

A maxistrada xuíza