Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3310

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rois

ANUNCIO do 23 de decembro de 2015 de corrección dun erro material do Plan xeral de ordenación municipal no núcleo do Sisto.

O Pleno do Concello de Rois, en sesión plenaria celebrada o día 13 de outubro de 2015, adoptou con base nos informes xurídico e técnicos que constan no expediente o seguinte acordo:

Primeiro. Tomar coñecemento e aprobar a corrección do erro material descrito no documento formulado polos técnicos municipais denominado localización dun erro na redación do PXOUM que afecta os usos dunhas parcelas sitas no núcleo rural do Sisto, parroquia de Ribasar, consistente na discrepancia tocante á delimitación do equipamento docente e socio-cultural no núcleo do Sisto, entre a memoria xustificatica e o estudo de medio rural e o plano de ordenación do núcleo co fin de que o ámbito docente e socio-cultural do citado lugar coincida coa parcela pública municipal da escola unitaria do Sisto (Ribasar).

Segundo. Notificar o presente acordo á Consellería competente en materia de Urbanismo e Ordenación do Territorio, en cumprimento do disposto no artigo 92.5 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural.

Terceiro. Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Notificar o presente acordo aos interesados pola corrección do erro detectado para os efectos oportunos.

Contra este acordo cabe interponer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ben que previamente e con carácter potestativo cabe interpor recurso de reposición ante o órgano que o ditou. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpor o contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ao da adopción do acordo, ou de 6 meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

Rois, 23 de decembro de 2015

Ramón Tojo Lens
Alcalde