En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Número de expediente: 2015020796; ref. 2372.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: de servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo de deseño e produción de carrozas para a cabalgata de Reis 2016.
c) CPV: 92331210-5.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 20.10.2015; 23.10.2015 e 26.10.2015.
3. Trámite e procedemento de adxudicación.
a) Trámite: ordinario.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 33.057,85 euros. IVE: 6.942,15 euros. Importe total: 40.000 euros.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 23 de decembro de 2015.
b) Data de formalización: 28 de decembro de 2015.
c) Contratista: CA Totality Group, S.L.U.
d) Importe de adxudicación:
Importe neto: 29.750 euros. IVE: 6.247,50 euros. Importe total: 35.997,50 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta admitida e cumprir esta con todos os criterios dos pregos de condicións.
Ourense, 28 de decembro de 2015
Jesús Vázquez Abad
Alcalde