Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3306

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de mantemento da caseta de medición da calidade do aire deste concello.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2014016595; ref. 2312.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento da caseta de medición da calidade do aire do Concello de Ourense.

c) CPV: 50410000-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 12.5.2015; 14.5.2015 e 18.5.2015.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 20.000 euros. IVE: 4.200 euros. Importe total: 24.200 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 3 de decembro de 2015.

b) Data de formalización: 28 de decembro de 2015.

c) Contratista: Celta Ingenieros, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 14.600 euros. IVE: 3.066,84 euros. Importe total: 17.666,84 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa, conforme todos os criterios do prego e con base na aplicación das fórmulas matemáticas e do informe de valoración dos criterios non reconducibles a fórmulas.

Ourense, 28 de decembro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Alcalde