Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3304

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de dirección artística (organización e produción da animación do desfile) da cabalgata de Reis 2016.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2015021745; ref. 2375.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de dirección artística (organización e produción da animación para o desfile) da cabalgata de Reis 2016.

c) CPV: 92331210-5.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 4.11.2015, 9.11.2015 e 10.11.2015.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 49.586,78 euros. IVE: 10.413,22 euros. Importe total: 60.000 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de decembro de 2015.

b) Data de formalización: 23 de decembro de 2015.

c) Contratista: Laura Míguez Escudero.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 49.462,81 euros. IVE: 10.387,19 euros. Importe total: 59.850 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta presentada e cumprir esta con todos os criterios dos pregos de condicións.

Ourense, 23 de decembro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Alcalde