Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3311

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO relativo á aceptación da delegación de competencias do Concello de Mugardos en materia de sancións de tráfico e en materia tributaria.

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o día 11 de setembro de 2015, aprobou o seguinte:

«28. Aceptación da delegación do Concello de Mugardos nas seguintes competencias:

a) Instrución dos procedementos sancionadores por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.

b) Recadación, tanto en período voluntario como executivo, dos expedientes sancionadores por denuncias cursadas polo concello por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.

c) Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolos ou voo das vías públicas, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral.

1. Aceptar a delegación do Concello de Mugardos, en materia de instrución dos procedementos sancionadores por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.

2. Aceptar a delegación do Concello de Mugardos, en materia de recadación tanto en período voluntario como executivo, dos expedientes sancionadores por denuncias cursadas polo concello por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.

3. Aceptar a delegación do Concello de Mugardos, en materia de xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa por utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral.

4. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos en materia de sancións por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria e da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais aos concellos que non teñan delegada a xestión tributaria e a recadación dos impostos municipais obrigatorios, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 2 de outubro de 2015

Valentín González Formoso

José Luis Almau Supervía

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Secretario da Deputación Provincial
da Coruña