Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2846

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (705/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 705/2015 por instancia de José Manuel Noya contra Rafinesa, S.A., sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza con data do 12 de novembro de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada por José Manuel Noya Mesías contra Rafinesa, S.A., e en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Rafinesa, S.A. ao demandante.

– Enténdese, ante a imposibilidade de readmisión, feita a opción pola indemnización.

– Declárase a extinción da relación laboral que unía o demandante coa empresa Rafinesa, S.A.

– Condénase a Rafinesa, S.A. a lle aboar a José Manuel Noya Mesías, en concepto de indemnización, a cantidade de corenta e sete mil novecentos vinte e tres euros con vinte céntimos de euro (49.923,20 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Rafinesa, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial