Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2848

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1135/2014).

María del Carmen Isasi Varela, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1135/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Santiago Regos Carro contra Sabico Seguridad, S.A. sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Jesús Santiago Regos Carro contra a entidade Sabico Seguridad, S.A. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo a anterior de todas as peticións formuladas na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Sabico Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial