Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2849

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (308/2015).

Eu, Carmen Varela Rebolo, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 308/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elisa Yasmin Tahre Fernández contra Jesamisan, S.L, sobre despedimento, se ditou sentenza e auto de aclaración cuxa resolución e parte dispositiva son os seguintes:

Resolvo.

Estimo a demanda presentada por María Elisa Yasmin Tahre Fernández, representada pola letrada Sra. Souto Neira, contra Jesaminan, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e en consecuencia:

– Declaro improcedente o despedimento verbal producido con data de efectos do 6 de marzo de 2015.

– Condeno a demandada a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte, comunicándollo a este xulgado, ben pola readmisión da demanda nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 6 de marzo de 2015 ata a data de notificación desta resolución, a razón de 19,72 euros diarios, ben polo aboamento de indemnización por importe de 1.355,75 euros. De non comunicarse, por escrito ou mediante comparecencia, a este xulgado a opción por parte da empresa, entenderase que procede a readmisión.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Parte dispositiva.

Procede aclarar a sentenza do 19.10.2015 no sentido de modificar o nome da demandada, que debe dicir Jesamisan, S.L.; á dita sentenza correspóndelle o número 381/2015.

Notifíqueselles ás partes este auto e fágaselles saber que contra el non cabe recurso ningún, salvo o que se interpoña contra a resolución principal.

Para que lle sirva de notificación en forma a Jesamisan, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 5 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial