Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2357

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2016 pola que se resolve a convocatoria de provisión, mediante libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Convocada mediante a Resolución do 10 de novembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 19 de novembro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade,

En uso das competencias que me recoñece o artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, os estatutos da Universidade de Vigo e consonte o establecido no capítulo IV do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,

Esta reitoría

RESOLVEU:

Primeiro. Adxudicar á funcionaria Cristina Gallego Méndez o posto de Secretaría da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia, e comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse no día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Terceiro. A funcionaria nomeada para ocupar este posto de libre designación poderá ser cesada discrecionalmente nas condicións previstas nas normas legais e regulamentarias que resultan de aplicación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición perante o reitor no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou impugnala directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Este recurso non poderá interporse mentres non se dite resolución expresa ou presunta daquel, ao abeiro do disposto no artigo 116.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 7 de xaneiro de 2016

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo