Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2359

V. Administración de xustiza

Xulgado de primeira instancia nº 13 A coruña

EDICTO (306/2014-C).

Xuízo verbal 306/2014-C

Sobre: outros verbal

Demandante: Asociación Protectora de Animais Gatocan

Avogada: Silvia Bibiana Isorna Santiago

Demandado: Francisco José Rodríguez Presedo

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, por medio do presente

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 306/2014-C, seguido por instancia da Asociación Protectora de Animais Gatocan fronte a Francisco José Rodríguez Presedo, ditouse sentenza.

E encontrándose o dito demandado, Francisco José Rodríguez Presedo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este, con indicación de que o interesado se poderá dirixir á Secretaría deste Xulgado de Primera Instancia número 13 da Coruña co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Faise constar que contra a dita sentenza cabe recurso de apelación, que se interporá dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela.

E que conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, e ingresar este no Banco Santander, número de conta 5095.

A Coruña, 26 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial