Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2356

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2016 pola que se resolve o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (secretario/a xeral).

De conformidade co establecido no punto 9 das bases da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado mediante Resolución do 9 de novembro de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 217, do venres 13 de novembro de 2015, e no uso das facultades conferidas pola Resolución do 12 de abril de 2012, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Igape de delegación de facultades, publicada no Diario Oficial de Galicia número 78, do martes 24 de abril de 2012; tendo en conta a lista provisional coas puntuacións do proceso selectivo aprobada poIo tribunal de selección designado para o efecto para cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo no Igape (secretario/a xeral) e transcorrido o prazo sen se teren presentado reclamacións,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta recollida na lista coas puntuacións definitivas do proceso selectivo, publicada na Resolución do 29 de decembro de 2015, do tribunal de selección, co candidato seleccionado: Pablo Casal Espido (33996778H).

Segundo. Solicitarlle ao candidato seleccionado a aceptación do posto no prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web do Igape (www.igape.es).

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica