Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 21 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de conservación da natureza e pesca fluvial (expediente CON-CO-0018/2015-V e tres máis).

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña, segundo a disposición transitoria terceira do Decreto 129/2015, e polo instrutor do expediente, respectivamente.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita no Edificio Administrativo Monelos, r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 21 de decembro de 2015

P.S. (Resolución do 30.11.2015)
Luisa-Fernanda Pérez Montero
Xefa do Servicio de Calidade e Avaliación Ambiental da Coruña

ANEXO

Expediente: CON-CO-0018/2015-V.

Denunciado: Kriten Karl-Heiz.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: CON-CO-0020/2015-V.

Denunciado: José Manuel Otero Rodríguez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: PES-CO-0017/2015-V.

Denunciado: Julio Bouza Otero.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: PES-CO-0031/2015-V.

Denunciado: Juan Iglesias Silva.

Acto de notificación: proposta de resolución.