Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 21 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos e de caza (expediente ANP-CO-0077/2015-V e sete máis).

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña, segundo a disposición transitoria terceira do Decreto 129/2015.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 21 de decembro de 2015

P.S. (Resolución do 30.11.2015)
Luisa Fernanda Pérez Montero
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental da Coruña

ANEXO

Expediente: ANP-CO-0077/2015-V.

Denunciado: Cristian Chaves Martínez.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0079/2015-V.

Denunciado: Abel Dios Lestayo.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0080/2015-V.

Denunciado: José Manuel Outes Coelho.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0082/2015-V.

Denunciado: Brian Stiven Ramírez Cruz.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0085/2015-V.

Denunciada: Lidia Persi Rodríguez.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0088/2015-V.

Denunciado: Eloy García Seijo.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: CAZ-CO-0030/2015-V.

Denunciada: Sociedad de Caza y Pesca Padrón.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: CAZ-CO-0058/2015-V.

Denunciado: Cesáreo Lendoiro Barbeito.

Acto de notificación: acordo de inciación.