Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes en materia de residuos (expediente CO-RES-2014-0079 e un máis).

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 18 de decembro de 2015

P.S (Resolución do 30.11.2015)
Luisa Fernanda Pérez Montero
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0079.

Interesado: Relu Matei.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0090.

Interesado: Alejandro Dopico Veiga.

Acto notificado: 1ª imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.