Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 17 de decembro de 2015, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00259-O-2015 e un máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución dos expedientes sancionadores número OU-00259-O-2015 e outro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense.

Comunícaselles que contra a dita resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 17 de decembro de 2015

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción

imposta

OU-00259-O-2015

7254-GDN

Garda Civil 3203 T10323A

Logística Euroveiga, S.L.U.

B32408916

Vasco Díaz Tanco, 37-1º A

32005 Ourense

Realizar transporte público de mercadorías con vehículo conducido por condutor dun país terceiro (non da UE), e non levar a bordo o correspondente certificado.

4.2.2015; 8.37; A-52; 202,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-00312-O-2015

2370-FPJ

Garda Civil 3203 L24919Z

Samuel Pérez Feijoo

34555319G

Vasco Díaz Tanco, 37-6 I

32005 Ourense

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

22.2.2015; 15.45; A-52; 129,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros