Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 26 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para unha ampliación da explotación porcina de ceba de Gumersindo Carral Gómez en Maceira, concello de Lalín (Pontevedra) (expediente 2015-IPPC-I-64).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Proxecto de ampliación de explotación de porcino

Gumersindo Carral Gómez

Maceira-Lalín-Pontevedra»

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, ser for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán consultala na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Prevencion_e_control_de_actividades?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Autorizacion_ambiental_integrada/seccion.html&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Autorizacion_ambiental_integrada/dinamico/listado_ippc_central.html.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-I-64.

Peticionario: Gumersindo Carral Gómez.

Domicilio social: lg. Maceira, 29, Maceira 36516 Lalín (Pontevedra).

Localización da instalación: lg. Maceira, 29, Maceira 36516 Lalín (Pontevedra). Un punto de localización das instalacións é o definido polas coordenadas UTM (ETRS89): X: 578.752, Y: 4.724.053.

Actividade: explotación porcina de ceba.

Descrición do proceso: trátase dunha explotación porcina de ceba existente, formada por tres naves para o aloxamento dos animais e dúas fosas exteriores para o almacenamento de xurro. Proxéctase a construción dunha nova nave que terá capacidade para 1.054 cabezas de porcino e unha nova fosa exterior para o almacenamento de xurro. A capacidade total máxima da explotación despois da ampliación será de 3.540 porcos.

Os ciclos de produción comezan coa entrada nas naves dos animais procedentes das granxas de preceba con 20 kg de peso, nas cales permanecen ata que acadaren un peso de sacrificio entre os 85 e os 95 kg de peso vivo; unhas 15 semanas despois. Neste momento retíranse da explotación para o seu traslado ao matadoiro.

Ao final de cada ciclo, unha vez que os animais abandonan a explotación, retírase parte do xurro xerado na explotación para ser empregado como fertilizante en parcelas agrícolas propiedade do titular da explotación. A maior parte do xurro xerado será enviado a un xestor externo autorizado. A seguir procederase á limpeza e desinfección das instalacións. A duración do período de limpeza e baleiro sanitario estímase en vinte días.

Verteduras: as verteduras procedentes do aseo da explotación e das augas de limpeza das naves canalizaranse ás fosas de xurro, e serán empregadas, xunto con este, como fertilizante en parcelas agrícolas. As augas pluviais non serán recollidas e verteranse directamente ao terreo.