Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2015/239-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: soterramento MUR817 en Cabanas.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 11 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado nº 44 na LMT MUR8170893 e final no apoio existente 44-1. LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 43 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 48 na LMT MUR8170932 e final no apoio proxectado 48-1. LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 217 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado nº 44 e final no apoio proxectado 48-1. A instalación está situada en Cabanas, Salcedo, Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 5º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 14 de decembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra