Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Barro (expediente IN407A 2015/237-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTA e substitución apoio 104 da LMTA TIB810 en Bretoña.

Situación: Barro.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 en dous tramos, o primeiro de 73 metros, con orixe no apoio 103 da TIB810 e final no apoio proxectado nº 104 e o segundo, de 24 metros, desde este ata o apoio do centro de transformación Muebles Magariños. A instalación está situada en Bretoña, Curro, Barro.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación

Pontevedra, 14 de decembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Concello: Barro. Provincia: Pontevedra.

Apoio

Afeccións

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos. Enderezo

m2

ml aér.

ml sub.

m2
aér.

m2 sub.

1

Rapadoiro

Labor

– Jesús Falcón Santigao

Lugar Bretoña-Curro nº 42, 36191 Barro (Pontevedra)

1

1,21

0,66

62,93

2

Rapadouro

Soar

– Divina Carballo Somoza

Baixada A Ermida-Canido nº 13, 36390 Vigo (Pontevedra)

8,2

97,46

3

Rapadouro

Soar

– Silvino Abal Eirín

A Picoña-Lois nº 5, 36636 Ribadumia (Pontevedra)

9,06

103,83