Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1127

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1302/2012).

SSS Seguridade Social 1302/2012

Procedemento de orixe: sobre seguridade social

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogada: Sonsoles María Sueiro Lemus

Demandados: Tapiz Hogar, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Jesús Manuel Díaz Dubra

María del Carmen Isasi Varela, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 1302/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Tapiz Hogar, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Jesús Manuel Díaz Dubra, sobre seguridade social, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo número 201 contra a entidade Tapiz Hogar, S.L., e Jesús Manuel Díaz Dubra e, en consecuencia, debo absolver e absolvo os anteriores das pretensións contra esta articuladas.

Que debo estimar e estimo a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo número 201 contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia, debo declarar e declaro que a continxencia determinante da incapacidade permanente total recoñecida a Jesús Manuel Díaz Dubra o 2 de agosto de 2012 é derivada de “enfermidade común” e debo condenar e condeno o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, nos seus respectivos conceptos e responsabilidades, a estar e pasar pola dita declaración, e proceder ao reintegro do capital custo a razón de 136.648,37 €, depositado pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza,

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma ao ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de decembro de 2015

A secretaria xudicial