Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1125

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (652/2015).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e

Certifico: que neste xulgado se seguen autos número 652/2015 por instancia de José Ramón Muíño Regueira contra Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e o administrador concursal de Sumtec, S.L., sobre resolución de contrato e despedimento, nos cales se ditou sentenza con data do 28.11.2015, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión:

Desestímase a demanda interposta por José Ramón Muíño Regueira fronte ás empresas Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L. (desistida), administrador concursal de Sumtec, S.L., Sr. Fernández Obanza Carro e o Fondo de Garantía Salarial, e estímase a excepción de falta de xurisdición oposta pola representación de Sumtec, S.L. e a súa administración concursal.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Puertas Blindex, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de decembro de 2015

A secretaria xudicial