Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1122

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (506/2013).

Eu, Anxo Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento ordinario 506/2013, seguido por instancia de José Carlos González Barreiro fronte a Juan Miguel Rodríguez Domínguez, José Carlos Cortiñas Benítez e Caser Seguros y Reaseguros, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e fallo son do teor literal seguinte:

«Sentencia 116/2015.

Vigo, 18 de setembro de 2015.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 506/2013 séguense por instancia de José Carlos González Barreiro, representado polo procurador Ricardo Estévez Cernadas e dirixido polo letrado Fidel Díez Udias, contra Juan Miguel Rodríguez Domínguez, declarado en situación de rebeldía procesual, e contra José Carlos Cortiñas Benítez e da compañía aseguradora Caser, representados pola procuradora María Jesús Valencia Ulloa e dirixidos polo letrado Gerardo José Moreiras Garabatos, os cales teñen por obxecto unha pretensión de reclamación de cantidade derivada dun accidente de tránsito.

Fallo.

Rexeito a demanda formulada por José Carlos González Barreiro contra Juan Miguel Rodríguez Domínguez, José Carlos Cortiñas Benítez e Caser, sen que haxa lugar a efectuar os pronunciamentos nela interesados, e absolvendo aos demandados. Todo elo sen que haxa lugar a efectuar pronunciamento condenatorio en materia de custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que a mesma non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

E atopándose o devandito demandado, Juan Miguel Rodríguez Domínguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 11 de decembro de 2015

O secretario xudicial