Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1120

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 5083/14 CG).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 5083/2014 seguido por instancia de Diego Barcia Sanjurjo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Traballo e Enferm. Profes. da SS nº 274, Grúas Dalbe, S.L., sobre accidente de grao, foi ditada na data do 18.12.2015 a seguinte resolución:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Diego Barcia Sanjurjo, contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, en xuízo solicitado polo recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Traballo e Enferm. Profes. da SS nº 274, Grúas Dalbe, S.L., a sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Grúas Dalbe, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na Rúa Bell, 3, Cambre (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de decembro de 2015

Letrada da Administración de xustiza