Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1119

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 22 de decembro de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Advertido erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 7 de xaneiro de 2016, é necesario facer a seguinte corrección:

– Na páxina 389, no anexo, onde di: «Olga Cristina Barreiro Sevillano», debe dicir: «Olga Cristina Barreira Sevillano».