Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 21 de decembro de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00867-O-2014 e tres máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou as resolucións dos recursos de alzada presentados nos expedientes sancionadores número PO-00867-O-2014 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, Santiago de Compostela.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

PO-00867-O-2014

PO-9217-BS

Garda Civil 3600 R92343E

Ttes. Antonio Estévez e Hijos

B36938017

Subida San Lorenzo, 4

36230 Vigo (Pontevedra)

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

17.2.2014; 11.15; N-552; 5,8

Art. 141.25 en relación co

art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 €

Desestimado

PO-00963-O-2014

8725-DDR

Garda Civil 3603 V93728C

Ttes. Antonio Estévez e Hijos

B36938017

Subida San Lorenzo, 4

36230 Vigo (Pontevedra)

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

13.2.2014; 8.55; VG20; 9

Art. 141.25 en relación co

art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 €

Desestimado

PO-02306-O-2014

3641-FTV

Garda Civil 3601 Q92637T

Grupo Operador de Ttes. Pedro Ruibal, S.L.

B32320962

Rúa do Pan, nº 4,

Pgno. Ind. Cabanelas

36636 Ribadumia (Pontevedra)

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

18.6.2014; 12.35; PO300; 10,0

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 €

Desestimado

XC-04246-O-2014

LU-3896-H

Garda Civil 1501 I14478B

Berbel Excavaciones, S.L.

B70365309

Rúa Diques, 17, baixo

15690 Arteixo (A Coruña)

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen superar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

4.6.2014; 11.35; A6; 589,0

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 €

Desestimado