Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 21 de decembro de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00786-O-2015 e dous máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución dos expedientes sancionadores número PO-00786-O-2015 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

PO-00786-O-2015

8232-CHK

Garda Civil 3601 Q92637T

Acernor, S.L.

B94055035

Lgar. Xesteira, 61, Castrelo

36630 Cambados

(Pontevedra)

Atenuante. A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

29.12.2014; 11.56; CEP0506; 0,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra d) LOTT

401 euros

PO-01396-S-2015

0360-FGT

Policía Municipal 294477

Excavaciones y Muros Rubio, S.L.

B36918514

R/ Ánimas, 5, portal 2, 1º C

36380 Gondomar

(Pontevedra)

Atenuante. A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

28.1.2015; 17.24

Art. 141.25 en relación co art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra d) LOTT

401 euros

PO-01407-O-2015

4537-BWR

Garda Civil 3601 Y76740V

Méndez Senlle, M. del Carmen

36077997J

R/ María Auxiliadora, 00003 3 A

36202 Mos

(Pontevedra)

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

3.2.2015; 14.55; N550; 126,0

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros