Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 21 de decembro de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00037-O-2015 e tres máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-00037-O-2015 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00037-O-2015

0224-FKV

Garda Civil 2702 U89694K

Trami Trucks World, S.L.

B70307293

Rúa de Santa Lucía-Piñeiro do Eixo, 56

15893 Santiago de Compostela

(A Coruña)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

8.12.2014; 12.45; A6; 469,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

OU-00314-O-2015

OU-9272-V

Garda Civil 3203 V46236Y

Isaac Caneiro Domínguez

76725495W

Estrada Barbantes, 8

32730 Xunqueira de Espadanedo

(Ourense)

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 LOTT.

22.2.2015; 18.30; N525; 132,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

OU-00559-O-2015

OU-5168-W

Garda Civil 3203 B38216U

Const. O.p. y Saneam. Ganade y Marra, S.L.

B32032492

Estrada Bande km 1, estrada Vella

32630 Xinzo de Limia

(Ourense)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

8.4.2015; 10.41; A52; 181,2

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-00520-O-2015

4045-FDB

Garda Civil 1502 V87480V

Ttes. Logísticos Pocomaco, S.L.

B15853740

Oleoducto, 11, local 1, baixo dta.

15009 A Coruña

(A Coruña)

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

15.10.2014; 11.58; AC400; 46,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros