Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1134

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (290/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 290/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Jesús del Buey Touriño contra Limpiezas Secope, S.A., se ditaron as seguintes resolucións:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2015.

Víctor Jesús del Buey Touriño presentou demanda de execución de sentenza ditada nos autos DSP 797/2014, coa súa documentación e copias, contra Limpiezas Secope, S.A. Estimando que concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos, para os efectos previstos no artigo 239.2 e 4 da LXS, acordo:

Dar conta ao/á maxistrado/a xuíz/xuíza para que resolva sobre a admisión da demanda de execución.

En virtude do disposto no artigo 551 da LAC, de aplicación supletoria, consúltese o Rexistro público concursal para os efectos previstos no artigo 5.bis, número 4, da Lei concursal, e únase o resultado ás actuacións.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que, a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial

Auto de data 18.12.2015.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Víctor Jesús del Buey Touriño, fronte a Limpiezas Secope, S.A., parte executada, por importe de 19.284,32 euros de principal (14.090,22 euros de indemnización + 4.981,41 euros de salarios debidos), máis 212,91 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 1.928,43 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto con decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que incorrese a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; no será a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0290 15. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0290 15”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a O/a secretario/a xudicial

Decreto.

Secretario/a xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Nas presentes actuacións ditouse auto despachando execución a favor de Víctor Jesús del Buey Touriño, fronte a Limpiezas Secope, S.A., pola cantidade de 19.284,32 euros de principal (14.090,22 euros de indemnización + 4.981,41 euros de salarios debidos), máis 212,91 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 1.928,43 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas.

Segundo. Neste xulgado séguese execución co número 75/2015, contra Limpiezas Secope, S.A. en que, por Decreto do 6 de agosto de 2015, se declarou a insolvencia desta, de que se une testemuño.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 551.3 da LAC que ditado o auto que contén a orde xeral de execución, o/a secretario/a xudicial responsable dela ditará decreto en que se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluíndo o embargo de bens, e as medidas de localización e indagación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, así como o requirimento de pagamento que deba facerse ao debedor en casos que o estableza a lei; ditaranse de oficio as resolucións pertinentes conforme o artigo 237 da LXS.

Segundo. Téndose observado que neste xulgado consta a insolvencia de Limpiezas Secope, S.A. na EPA 75/2015, e de conformidade co previsto no artigo 276.3 da LPL, declarada a insolvencia da empresa, iso constituirá base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, podéndose ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar os trámites de indagación dos bens establecidos no artigo 250, ben que en todo caso se decretará dar traslado previo á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que poidan sinalar a existencia de novos bens.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas, acordo:

Dar traslado a Víctor Jesús del Buey Touriño e o Fondo de Garantía Salarial co fin de que no prazo de quince días poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, en caso contrario, declararase a insolvencia dela.

Notifíquese ás partes e a Limpiezas Secope, S.A., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito o comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0290 15. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0290 15”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe.

A secretaria xudicial»

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, o cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

O/a secretario/a xudicial