Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1132

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (322/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no proceso seguido por instancia de Gonzalo Romero Mato contra Ana Ribadeneira Pérez, en reclamación por despedimento, rexistrado co número 322/2014, se acordou notificarlle á demandada Ana Ribadeneira Pérez, en ignorado paradoiro, a dilixencia de ordenación de data 17 de decembro de 2015, que é do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2015.

O anterior exhorto remitido polo Xulgado Mixto número 1 de Noia con dilixencia negativa, que tiña por obxecto a notificación á parte demandada da renuncia da súa letrada que deu lugar á suspensión do trámite das actuacións, únase aos autos da súa razón.

Tras varios intentos infrutuosos de notificación en diferentes domicilios, procédese á notificación a través de edictos, que se publicará no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado, da renuncia da letrada Silvia Viaño Blanco á dirección técnica da parte demandada Ana Ribadeneira Pérez, a suspensión do prazo para a formalización do recurso de suplicación anunciado por esta parte, así como o do prazo de impugnación do recurso de suplicación da parte contraria, concedéndolle para o efecto á dita demandada o prazo de dez días para que designe letrado que a asista e, de non o facer, entenderanse todas as actuacións posteriores con ela mesma. Así mesmo, transcorrido o dito prazo alzarase a suspensión acordada no seu día e continuarase cos trámites procesuais oportunos.

Todas as actuacións procesuais posteriores se notificarán por medio de edicto que se fixará no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A secretaria xudicial».

E para que lle sirva de notificación a Ana Ribadeneira Pérez, en ignorado paradoiro, expídese a presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2015

A secretaria xudicial