Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 21 de decembro de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00356-O-2015 e dous máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número OU-00356-O-2015 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora

Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00356-O-2015

7643-CTZ

Garda Civil 3203 V46236Y

Minero Conforex, S.L.

B32383762

A Arrifana, 10

32411 Melón (Ourense)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

5.3.2015; 13.00

A-52; 160

Artigo 140.35 da LOTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.001 euros

OU-00921-O-2015

9472-FZC

Garda Civil 3202 S11089P

Construcciones y Excavaciones Catoute, S.L.

B24583064

Avda. de la Libertad, 3, 3 D

24404 Ponferrada (León)

A condución durante máis de seis horas sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 6 horas e inferior ou igual a 8 horas.

25.5.2015; 17.50

N-120; 472

Artigo 140.37.4 da LOTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.001 euros

PO-00829-O-2015

6313-CZR

Garda Civil 3603 A23980M

Serafín Lago Castelo e Hijos, S.L.

B36234078

San Miguel de Deiro, 78

36620 Vilanova de Arousa

(Pontevedra)

Diminución do descanso diario normal en máis de 2 horas e media (sobre 11 horas). Igual ou superior a 6 horas e inferior a 8 horas e 30 minutos.

13.12.2014; 18.15

A-55; 18,5

Artigo 140.37.5 da LOTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.001 euros