Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 16 de decembro de 2015, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00544-O-2015).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador número OU-00544-O-2015 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada á persoa interesada.

Infórmaselle que o expediente sancionador está á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense.

Comunicáselle que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A sanción imposta foi aboada anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Ourense, 16 de decembro de 2015

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

anexo

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00544-O-2015

7416-DCS

Garda Civil 3203 T10323A

Madeiras Blangon, S.L.

B323225185

Nogueira de Ramuín, 16

32004 Ourense

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 9 %.

25.3.2015; 20.58.00; OU-0514; 1,5

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

400 euros